Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos
dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis
volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun
delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a
súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa
nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos
fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar.
Oencontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a
vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas
esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos,
inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga.
Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra,
que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica
sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos
anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, comoacuñou
Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o
ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-,
esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación
da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixara ninguén
indiferente.
COMENTARIO
Libro recomendado por un amigo,al que le gusto mucho.
Es un libro donde nos describe lo que ocurría en la España franquista, está escrito en gallego.
Me gusto, describe muy bien lo que acontecía en esa época, todo el mundo sabia muchas cosas y pocos o ninguno decían nada, para no meterse en problemas. La acción ocurre en Galicia, con espíritu incluido de los antepasados, no voy a destripar la historia, recomiendo leerla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario