O
Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a
pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da
man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza
entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da
nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes
do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias,
dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha
pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha
peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e
Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén
Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e
humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou
despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.
En castellano
Ledicia Costas
Ledicia Costas é unha escritora galega licenciada en Dereito pola
Universidade de Vigo. Empezou a escribir desde moi nova, sendo unha
autora versátil que transita os máis diversos temas, estilos e xéneros. A
súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento (Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente e que actualmente vai pola 17ª edición.
Mentres cursaba os seus estudos de Dereito gañou diversos premios
literarios convocados pola universidade, tanto de relato como de poesía.
Nos últimos anos recibiu importantes recoñecementos, coma o Premio Merlín de literatura infantil, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta. Por ese mesmo libro, o Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015. Ademais, Escarlatina entrou a formar parte da prestixiosa Lista de Honra do Ibby no Congreso Internacional celebrado en Auckland, Nova Zelanda, no 2016.
Traducida a varias linguas, Escarlatina, a cociñeira defunta
tivo unha gran acollida polo público infantil, vendendo 20.000
exemplares en Galicia desde a súa publicación. Foi cualificada coma unha
obra “extraordinara, humorística e rompedora, que destaca pola súa
sinxela lectura, humor escalofriante e con grande habilidade para
desmitificar o tema da morte”.
Coa novela de aventuras Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta conseguiu o Premio Lazarillo de creación literaria do 2015 e o Premio Fervenzas Literarias á mellor obra de literatura xuvenil do ano 2016.
O seu libro de relatos sobre a II Guerra Mundial Un animal chamado néboa, recibiu por unanimidade o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2016. O xurado destacou que o conxunto de relatos que configuran esta
obra «conseguen demostrar a condición global da memoria dos traumas da
nosa historia recente, grazas a un hábil manexo de innumerables fontes
documentais», incidindo no feito de que a autora «ofrécenos unha crónica
do mellor e do peor da condición humana».
http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor356
Comentario
Esta bien, entretenida, pero tengo que reconocer que me gusto mas el libro "Escarlatina, a cociñeira difunta", puede ser porque cocinaba, había otro chico.
Merece la pena leer los dos libros, los dos estan bien, siempre en la comparación uno sale mejor que otro.
Al final de los dos libros hay un estupendo recetario de la abuela de Escarlatina.